dilluns, 23 d’abril del 2018

A poesía. Marc Granell

A POESÍA

É o fogo e é a neve, é a tristeza
e é o grito que desperta a alegría
e alumea as tebras en que habitabamos
coma un costume antigo de anxos caídos.

É a ponte e é o río, é a memoria
que entreabre fisuras de mel na ferida
fonda e incandescente que cava precipicios
insalvables ao mesmísimo centro das veas.

É o mar e é o sendeiro, é o desexo
que crea coma ningún deus futuros máis sabios
e erixe outros mundos que se fan posibles
cando o canto esgaza veos e derrete as sombras.
   
            Marc Granell













Cap comentari:

Publica un comentari a l'entrada